Buscar neste blog

22.2.23

100 anos do Seminario de Estudos Galegos

Centenario da institución científico-cultural que aglutinou a erudición galega do primeiro tercio do Século XX


O SEG foi unha institución científico-cultural ligada á Universidade compostelá, creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e formar investigadores. A guerra civil truncou a súa existencia.

Antón Losada Diéguez foi quen tivo a idea de crear un órgano que tivera como obxectivo a posta en valor da cultura galega en tódolos ámbitos da sociedade.  Así xurde en Pontevedra a Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas, que sería o xerme do SEG.

Nunha xunta celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño (Ames) acórdase a creación do Seminario de Estudos Galegos, no que rematará integránsose boa parte da intelectualidade do tempo, artículada arredor da revista Nós.

O SEG estaba estructurado en doce seccións (nalgúns sitios fálase de catorce) e empregaba como método de traballo os equipos interdisciplinais, facendo uso por primeira vez do galego como vehículo de estudo e exposición do labor científico.

En 1936 o SEG foi desmantelado polo novo réxime xurdido da sublevación militar do 18 de xullo. En 1944 crease o Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (dependiente do CSIC) co patrimonio do SEG.

En 1978 articulase o Novo Seminario de Estudos Galegos, con sede en Santiago de Compostela, por iniciativa do Laboratorio de Formas, que propuxo a refundación da institución orixinal –algo que xa pretendera facer Castelao no exilio– no marco dunha exposición homenaxe ao SEG coa que se inaugurou a Galería Sargadelos de Santiago, na que se presentou a reedición da obra Terra de Melide e o libro Testemuñas e perspectivas do Seminario de Estudos Galegos.

Compoñentes

Membros do SEG en 1928, nas Ruínas de San Domingos de Pontevedra: De esquerda a dereita na fileira de atrás: Ramón Otero PedrayoAntón Losada DiéguezFlorentino López CuevillasVicente RiscoCarballo CaleroXosé Filgueira ValverdeSebastián García PazLuís Pintos FonsecaAntón FraguasBibiano Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Isidro Parga PondalAbelardo Moralejo LasoXesús Carro GarcíaSalvador Cabeza de LeónJoaquín Arias SanjurjoXerardo Álvarez Limeses e Juan Novás Guillán.

https://gl.wikipedia.org/wiki/Seminario_de_Estudos_Galegos#/media/Ficheiro:Membros_do_Seminario_de_Estudos_Galegos_en_1928.jpg


Ningún comentario:

Publicar un comentario

TRASLADO DOS FONDOS DO SEMINARIO DA LINGUA GALEGA. 1940

  No Libro Negro da Lingua Galega e no twitter do seu autor Carlos Callón a topamos esta información sobre o fin do Seminario de Estudos Gal...