FRAGMENTO DO DISCURSO DE ENTRADA NA REAL ACADEMIA GALEGA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. TEMA SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
Xurde a nova institución en Santiago de Compostela. Un fato de mozos universitarios acariña a idea de fundar un organismo no que se aglutine un labor de pescuda da realidade cultural de Galicia, desenrolado en equipo. Amantes todos eles do país natal...
Os homes que patrocinan a idea chámanse: Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Buet, Xosé Pena e Pena, Xosé Filgueira Valverde, Luis Tobío Fernández, Ramón Martínez López, Manuel Magariños Negreira, Francisco Romero Lema, e Alberte Vidán Freiría. Todos eles cursan os seus estudos nas Facultades de Dereito e de Filosofía e Letras. Determinan que o novo centro naza nunha viaxata onde se misturen a investigación e o goce da Natureza. I escollen pra tal ouxeto, as térras da Amahía, cheas de evocacións. O día 12 de outono do ano 1923, xúntanse na casa do Castro de Ortoño onde Rosalía vivirá os seus días de nena. Alí realizan a primeira xeira de traballo, coa que emprincipian as diversas actividades do novo orgaísmo, e siñan o seu acordó de colaboración i espallamento. A acta fundacional do "Seminario de Estudos Galegos" dátase así, no día, mes e ano indicados, na casa rosaliá do Castro de Ortoño. 60 Os fundadores percuran decontado a colaboración do catedrático de Literatura da Universidade compostelá, Don Armando Cotarelo Valledor, e ofrécenlle a presidencia do novo instituto. Diste xeito é como aquil se convirte no primeiro presidente do "Seminario". Moi axina vanse sumando outros mestres universitarios, afeitos ao calado traballo na investigación galega, escolares de diversas Facultades, e intelectuáis de toda Galicia. De comezo, a obra é, naturalmente, unha obra homilde, pero libre e independente.. Non conta con outro haber que a quentura do amor ao país e a vontade de traballo duns cantos rapaces, gostosos de discipriña científica. Pero a obra vai, pouco a pouco, medrando. Incorpóranse a ela os escritores e artistas do grupo Nos, empeñados no afán de lie dar contido cultural serio ao rexurdimento de Galicia; e tamén os da nova promoción que daquela andaba a percurar o anovamento do ambente intelectual galego.
O "Seminario" xurde, fundamentalmente, coa cobiza de formar investigadores; pero non refuga, en intre algún, o seu contacto co púbrico. A carón do estudo severo e sistemático, cultiva a vulgarización. A leitura púbrica de traballos, os ciclos de conferencias, as esposicións, van formando en Galicia unha opinión achegada ao "Seminario". Cando íste non leva aínda un ano de vida, incorpórase ás súas tareas un novo mestre: O arcebispo Lago González, erudito polígrafo, gran amante da súa térra, e cheo de aceso fervor polos seus estudos. Co gallo da súa solene entrada no Centro, celébrase a primeira xuntanza xeneral. Nela fai Castelao o seu discurso de ingreso sobre "Do novo esprito"; inaugúrase unha esposición das súas obras seguidamente; con posterioridade desenrólase un curso de conferencias, no que participan Cabeza de León, Lugrís Freiré, Anxel del Castillo e Losada Diéguez. Cando o Dr. Cotarelo se traslada a Madrid, pra ocupar a cátedra de Língoa e Literatura Galaico-Portuguesa naquela Universidade, sustitúieo na presidencia do "Seminario" Don Salvador Cabeza de León. Coincidindo con ela, artéllase unha nova estroituración do centro, en secións autónomas e coordinadas. Deica entón, o "Seminario"" viña cultivando case escrusivamente as ciencias históricas e filolóxicas. Agora chama ao seu seo a especialistas noutras discipriñas científicas. I é así como vai acadando o senso integral que chega a atinguir no campo da investigación galega. De igoal xeito, o labor xa feito, que hastra daquela ficara inédito, emprincipia a se publicar periódicamente. Na "Biblioteca do Seminario de Estudos", que inaugura a editorial "Lar", aparecen obras de Oteros Pedrayo, de Filgueira Valverde, de Castelao e de Cotarelo. Un aspeito de importante siñificado, é o que sinala o comezo de campañas de investigación nas diversas térras de Galicia. Os tres primeiros cursos de traballo teñen máis ben carácter libres co e de gabinete. Pero os investigadores sinten a necesidade de proxeitar na campía o seu labor de pescuda, abranguendo nel o conxunto das actividades do Centro. I é diste xeito como xurden as misións do "Seminario". De principio, a direción do arquitecto Candeira, e máis tarde a de Carro García, sitúan as ditas misións no primeiro plano como fonte direita do Arquivo gráfico que se inicia no ano 1926. A campaña desenrolada en Monforte nese mesmo ano, dá pretesto pra os traballos do curso en Santiago, e abre un froitoso horizonte ás laborías dende entón emprendidas. Tamén corresponde a ese tempo a iniciación de cursiños de ensinos galegos, con un adicado á Fonética. Comezan a se imprentar os tomos de "Arquivos", en cuias páxinas se inxiren os estudos que poideran chamarse menores. En sesións púbricas lén os seus primeiros traballos os novos membros da Sección de Ciencias; i emprincípianse os estudos de tipo económico e de ciencias sociáis. O "Seminario" demanda o intercambio coas entidades de investigación da península, así como eos núcleos hispanistas estranxeiros. Mais a tarea de meirande alcance que o centro emprende e desenrola, é, como fica dito, a das xeiras de conxunto, a dos traballos de pescuda en equipo. Destacan, a da Vila de Calvos de Randín, Parroquia de Velle, e Terra de Melide. Pra nos darmos idea do que iste labor siñifica, ahonda decir que os resultados dos estudos da bisbarra melidense ocupan un volume de grande formato de perto de oitocentas páxinas. Abrangue a xeografía, a prehistoria, a arqueoloxía relixiosa, a etnografía, o folklore, o folklore musical, e mesmo outros aspeitos. Pubricacións de sinalada importancia son, tamén, o "Corpus Petrogliphorum Gallaecie" e o "Códex Calixtinus", inda que iste derradeiro se non imprentóu totalmente, por mor dos acontecimentos producidos en España cando estaba no prelo.
O "Seminario de Estudos Galegos" propicia en Galicia un esforzó intelectual de tipo colectivo, que enxamáis se conocerá antre nós. Os seus obxetivos —estudo de todas as manifestacións da cultura galega, formación de investigadores, divulgación dos resultados dos seus traballos— andaban a se conquerir con innegabre eficacia. Eis agora ,o programa da actividade estroiturada desenrolado a travesó das distintas secións : Baixo a direción de Cuevillas, o nutrido equipo de prehistoriadores, traballa no noso epipaleolítico e neolítico, nas estacións con grabados rupestres, no inventario de xoias galegas prehistóricas, nos catálogos de moimentos megalíticos e dos castros galegos, na Edade do Ferro...
Os historiadores, dirixidos por Cabeza de León, emprenden a ambiciosa tarea de lograr ficheiros de bibliografía e diplomática galegas, corpus de documentos medieváis e de epigrafía, a máis da realización de historia social, eclesiástica e do ensino. Con Carro García ao frente, os arqueólogos e historiadores do arte traballan nun ampio inventario sobre material da súa especialidade en Galicia; e, ao propio tempo, levan a cabo estudos monográficos encol do prerománico, románico, oxival e renacimento, barroco e artes industriáis no noso país. Os filólogos, presididos sucesivamente por Cotarelo, Morale-jo e Pedret Casado, inxiren no seu programa de actividades a preparación dun Vocabulario castelán-galego, outro galego-castelán de tipo popular, un catálogo da língoa, estudos fonéticos, e a unificación, de normas ortográficas. Na seción de Historia da Literatura, a cárrego de Filgueira Valverde, danse a conocer en-saios e traballos de pescuda sobre literatura medieval, decadencia das letras galegas, romantismo e contemporáneos. Na de Arte e Letras, que dirixe Castelao, organízanse esposicións e leituras de obras inéditas de autores galegos, edítanse poemas e prosas, i empréstase colaboración ás Festas da Língoa Galega. Con Otero Pedrayo como director, os xeógrafos fan traballos pra Cartas xeográficas, xeografía histórica, estudos particulares e de divulgación, ademáis de iniciar a edición de "Descricións de Galicia". A Etnografía e o Folklore son abordados polo equipo que encabeza Vicente Risco, nunha serie de estudos encol da casa rural, a arte popular, os costumes, o folklore arqueolóxico, a etnomorfoloxía; e na redación dun custionario da etnografía e do folklore galegos. A Seción de Ciencias Sociáis, Xurídicas i Económicas, que ten ao frente a Tobío Fernández, emprincipia o seu labor con varias investigacións históricas i económicas, e de traballos xurídicos. E hai que engadir aínda, os traballos da Seción de Ciencias Naturáis —dirixida por Luis Iglesias— sobre xea, frora, fauna, fisioloxía e astronomía; os da de Ciencias Aplicadas, que preside Gómez Román, relativos a arquitectura galega, artes e aproveitamentos industriáis en Galicia; e, por cabo, os correspondentes á de Pedagoxía, na que o equipo dirixido por Díaz Rozas ocúpase dos probremas lingüísticos na escola, estudo das realidades galegas no segundo ensino, historia do ensino en Galicia, a redación dun proxeito de estatutos do "Patronato de Escola rural galega". Este índice genérico da obra emprendida polo "Seminario de Estudos Galegos", refrexa a dimensión da tarea cultural que viña realizando. Unha tarea que se non refire só ás pescudas especiáis de cada unha das secións reseñadas; senón que, como xa fica indicado, abrangue unha obra de conxunto, na que todas as secións colaboran. Sobre da base xeográfica dunha bisbarra con características ben definidas, os difrentes equipos de especialistas do "Seminario" exercen as súas actividades coordinadas. Atal fan, durante sucesivas xeiras ou campañas de investigación, Térras de Monforte, Carballiño e Ribeiro de Avia, Deza, Melide e Fisterre.
A obra do "Seminario", malograda no seu desenrolo, enche, de todos xeitos, unha f ecunda etapa na historia da cultura galega. Complementaria déla, é a laboura das editoras "Lar" e "Nos", que posibilitan o canle pra a pubricación dos volumes daquil Cen-tro, así como a dos libros de creación dos máis siñificados escritores contemporáneos. A editorial "Lar" fúndana Leandro Carré Alvarellos e Anxel Casal Gosenje, no ano 1924. Inaugúrase coa noveliña curta de Wenceslao Fernández Flórez, "A miña mu-Uer", e tira do prelo arredor de corenta títulos. Tres anos despóis, no 1927, crea Anxel Casal a editorial Nós", que inicia o seu labor coa impresión da "Historia sintética de Galicia" de Ramón Villar Ponte, e chega a pubricar uns setenta volumes. Na tarea do "Seminario de Estudos Galegos", o mesmo que na obra editada por "Lar" e "Nós", a Xeneración diste derradeiro nome sigue a ser protagonista de primeiro plano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario