Buscar neste blog

24.2.23

Fermín Bouza Brey no Seminario de Estudos Galegos

 

Fermín Bouza Brey no Seminario de Estudos Galegos

Participou  na fundación  do Seminario de Estudios Galegos, unha institución  privada  que  pretendía  potenciar  a  investigación  universitaria e que  se  convertiu tamén  nun  dos  instrumentos  máis  eficaces  de  renovación  do  galeguismo  cultural,  cada  vez máis  separado  do  ruralismo ou  a  retórica  historicista dos  rexionalistas do  século XIX. No  seo  do  Seminario,  Fermín  Bouza-Brey  colaborou  en  distintas  seccións,  pois  sentíase  atraído  por  varias  disciplinas. Tomón  parte  en  proxectos  de  investigación  que  incluían  estudios  de  historia, arqueoloxía  e  etnografía.  Nesas  tres  áreas  desenvolvería  posteriormente  o  groso  da  súa obra  científica,  que  fixo  compatible, como tantos  compañeiros  seus, co cultivo  da  litera-tura,  especialmente  da  poesía…..

Dentro  do  Seminario  de  Estudios  Galegos,  a  figura  de Armando Cotarelo  Valedor,  catedrático   da  universidade  de  Santiago,  aglutinaba  arredor  del  ós  mozos  que   se  interesaban  pola  literatura.  Desde  moi  pronto  soubo  valorar  o  que  significaban para  as  letras  galegas,  carentes  dunha  sólida  tradición  literaria,  a  popularización  dos  Cancioneiros  medievais,  editados  por  entón  con  rigor  crítico  por  José  Joaquím  Nunes  e  estudiados  con  amplitude, incluidos  os  aspectos  métricos,  por Manuel Rodrigues  Lapa.  Estas e outras  circunstancias  deron  orixe  nos  anos  anteriores  á  guerra   civil  de   1936  a  unha  corrente  poética   denominada    neotrabadorismo.

Fermín Bouza Brey.

Fonte

Publicacións da Real Academia Galega 1992. Carlos Casares


Visión de Francisco Fernandez del Riego sobre Fermín Bouza Brey-(Seminario de Estudos Galegos)

Fermín Bouza Brey ten traballado, desde sempre, nos eidos da nosa cultura. Sendo aínda alumno da universidade compostelá fundou xunto a compañía doutros rapaces o Seminario de Estudos Galegos. A partir de entón a actividade literaria e erudita xa non deu pausa. Para Bouza Brey, as xentes e as cousas de Galicia, grandes e pequenas, a vida popular, a paisaxe arqueolóxica, a etnografía e o folclore constituen unha temática preferenta

Salvador de Lorenzana

Fragmento artigo Conversa con Fermín Bouza Brey

Galicia Emigrante, Num. 20, (1956)


Ningún comentario:

Publicar un comentario

TRASLADO DOS FONDOS DO SEMINARIO DA LINGUA GALEGA. 1940

  No Libro Negro da Lingua Galega e no twitter do seu autor Carlos Callón a topamos esta información sobre o fin do Seminario de Estudos Gal...