Buscar neste blog

14.3.23

Mulleres no Seminario de Estudos Galegos. Luisa Cuesta

Neste artigo pretendemos aportar información sobre Luisa Cuesta citando ligazóns sobre súa persoa e a relación co Seminario de Estudos Galegos

- Ligazón da páxina do Consello da Cultura Galega sobre as Mulleres do Seminario de Estudos Galegos

http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211.

Foron poucas as mulleres que participaron no SEG, a lo menos que se teña constancia, dada a invisibilidades histórica asociada ao labor intelectual das mulleres, e moi cativa a súa colaboración nas actividades da Institución. As 12 socias activas están lonxe do dez por cento de mulleres que, contra 1936, estudaban na Universidade de Santiago. Se non era fácil para elas acceder aos estudos universitarios –incluso se tiñas un pai ilustrado, caso que relata María Tobío nas súas memorias–, moito máis difícil resultaba adicarlle ademáis tempo e traballo non remunerado a unha asociación científico-cultural. As mulleres que participaron nas actividades do Seminario fixérono durante os anos de estudantes universitarias –Carmen Sierra, Dolores Lorenzo, Amparo Arango, Encarnación Fraga, Pura Lorenzana e Carmen Rey– ou logo de rematar a carreira e conseguir un traballo –Luísa Cuesta, Josefa Iglesias Vilarelle, Sara Leirós ou Celsa Pérez Moreiras. En calquera dos casos, o seu protagonismo no SEG non foi máis alá da publicación dun traballo ou dun libro. Aínda contando coa escaseza cuantitativa e cualitativa dos fondos documentais do Seminario, é significativo que só dúas, Pura Lorenzana e Carmen Rey, aparezan recollidas nas actas da institución como asistentes, en dúas ocasións, en febreiro e marzo de 1928, nas sesións semanais que realizou o SEG nos seus trece anos de vida. Tampouco houbo mulleres no Consello Director do Seminario, nin ditaron conferencias nas asembleas anuais extraordinarias e nos diferentes cursos que organizou a asociación. Hai que supoñer que cando menos sí deberon asistir a estes actos, e que colaboraron no traballo das seccións –Pura Lorenzana na de Prehistoria, Dolores Lorenzo, Encarnación Fraga e Amparo Arango na de Xeoquímica, e Celsa Pérez Moreiras en Bromatoloxía. Unha boa mostra da escasa presenza de mulleres no SEG é a primeira fotografía que coñecemos da institución, na que aparece a primeira das socias, publicada no xornal Faro de Vigo, do 1 de decembro de 1923, co gallo do homenaxe do Seminario a un dos seus fundadores, Fermín Bouza Brey, polo éxito obtido nunha conferencia pronunciada na Reunión de Artesanos da Coruña, en novembro do mesmo ano. Alí está Carmen Sierra, a carón do homenaxeado, de Carlos Maside e doutros 21 homes máis.


Carmen Sierra (Valga, Pontevedra, 03/05/1906), a primeira das socias –proposta o 10/11/1923 e admitida o 16/11/1923, cando aínda non pasara un mes da fundación do SEG–, foi tamén a primeira que apareceu nunha noticia de prensa relacionada coa institución, na reportaxe que Diego Saavedra y Aguiar publicou no xornal Galicia o 13/04/1924, «Compostela y la cultura. Cómo se trabaja en el Seminario de Estudios Gallegos», na que se recolle a súa asistencia a unha sesión do Seminario. Carmen Sierra cursou a carreira de Historia entre 1922 e 1927. No primeiro curso de carreira, que tamén era o preparatorio de Dereito, coincidiu con algúns dos fundadores do SEG: Filgueira Valverde, Ramón Martínez López e Lois Tobío. Non creo que sexa esaxerado de máis supoñer que debeu colaborar nos traballos colectivos realizados polos socios do Seminario nos primeiros anos, elaboración dun ficheiro bibliográfico e dun vocabulario galego-castelán e formación dunha Biblioteca e dun Museo etnográfico, ademáis de asistir ás sesións semanais privadas da institución que tiñan lugar na biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras ou nas aulas de Dereito, dentro do mesmo edificio, e ás públicas, que se desenvolvían na sede da Sociedade Económica. En 1927 solicitou o traslado do seu expediente á Universidade de Madrid e en 1953 recolleu o seu título na Universidade de Santiago. Nada máis puiden saber sobre ela, agás unha mención nunha nota a pé de páxina dun artigo do historiador Carlos Fernández Rodríguez, que a cita, xunto ao seu marido, Carlos Díaz Rodríguez, exercendo como docentes en Pontevedra.

Dolores Lorenzo Salgado (León, 10/11/1905) e Amparo Arango Fernández (A Habana, 02/04/1907), as dúas licenciadas en Químicas e Farmacia, ingresaron no Seminario en 1929 e traballaron con Isidro Parga Pondal, director da Sección de Xeoquímica, e con él asinaron os seus traballos de ingreso na institución, «Sobre la presencia de la magnetita en las arenas de las playas gallegas» e «Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia: III: Análisis de las wolframitas de Juno, Monte Neme, Casayo, A Veiga y Vilacoba», respectivamente. Tamén traballou a carón de Parga Pondal M.ª de la Encarnación Fraga Padín (Cambados, 1908-2000), licenciada en Químicas e Farmacia e coautora, xunto a Parga, do traballo «Quimismo de la pepmatita litinífera de Goyás (Lalín)», realizado no Laboratorio de Xeoquímica do Instituto de Estudios Regionales da Universidade de Santiago, que foi creado co curso 1931-2 grazas ao liderado do reitor Alejandro Cadarso e posto en funcionamento polos socios do Seminario que exercían a docencia na Universidade. Encarnación Fraga Padín foi, ademáis, membro da Sociedad Española de Física y Química, socia protectora do SEG e rematou montando unha farmacia en Cambados.

Aínda que non aparece como socia do SEG, Celsa Pérez Moreiras (León, 25/12/1912), licenciada en Farmacia e axudante de Técnica Física na Facultade de Farmacia no curso 1933-4, colaborou no Instituto de Estudios Regionales, no Laboratorio de Bromatoloxía, baixo a dirección de Aniceto Charro Arias, catedrático de Farmacia e membro do Seminario. Con él publicou o traballo «Composición química de los quesos gallegos». Logo da sublevación de xullo de 1936, coincidiría con Charro Arias traballando no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago.

Sobre Luísa Cuesta Gutiérrez (proposta o 18/10/24 e admitida o 25/10/24), María Corredoyra (ingreso en 1928), Pura Lorenzana Prado (ingreso en 1930), Josefa Iglesias Vilarelle (ingreso en 1933) e Sara Leirós Fernández (ingreso en 1929), remito ás biobibliografías xa publicadas nos Álbumes do Consello da Cultura Galega. As catro primeiras están no de Mulleres e a última no da Ciencia, elaborados respectivamente por Lourdes Pérez González, Dolores Villaverde Solar, Alfonso Mato, Sandra Santos Palmou e Antón Costa Rico.

Respecto á alemá Margot Sponer (1898-1945), profesora de español na Universidade de Berlín e especialista en textos medievais peninsulares en galego e catalán, aparece proposta como socia en 1926, ano en que levou a cabo en Galicia estudos sobre filoloxía galega. En 1927 publicou un pequeno traballo sobre o tema e en 1934 un longo artigo titulado «Documentos antiguos de Galicia». Risco e Lois Tobío, en Mitteleuropa e As décadas de T.L., respectivamente, dan conta do seu trato con Margot Sponer durante as súas estadías en Alemaña. Logo da subida dos nazis ao poder, Sponer perdeu o seu posto na Universidade, militou na resistencia e finalmente morreu confinada nun campo de concentración.

Son nove as mulleres que figuran como socias protectoras do Seminario. A máis importante, pola contía das súas cotas, foi Ángela Santamarina Alduncín (1864-1956), coñecida como Angelita Varela, marquesa de Atalaya Bermeja e condesa del Valle de Oselle. Nacida na Arxentina, filla dun emigrante ourensán dono dunha gran fortuna, casou co aristócrata ourensán Isidoro Temes Sáenz, señor de Vilaseco, instalouse na cidade de Ourense e acadou sona polas súas obras de caridade. Grazas en boa parte ao seu mecenado, o SEG publicou os dous primeiros tomos dos Arquivos. Aínda nos anos 30, os seus donativos anuais de 200 ptas. só eran superados polas deputacións e o Ministerio de Instrución. Máis modesta foi a contribución das outras socias, algunhas delas relacionadas con socios sobranceiros do SEG, como Emilia Álvarez Álvarez, casada con Fermín Bouza Brey, que foi membro desde 1931 da Sociedad Española de Física y Química e rexentou unha farmacia na compostelá rúa do Vilar; Daría González García-Paz (1912-1999), irmá de Sebastián, sobresaínte estudante de Historia que rematou exercendo de profesora en Pontevedra; ou Matilde Pondal Araoz (1875-1969), nai de Isidro Parga Pondal. Hai que citar tamén a Carmen Pardo Losada (1890-1983), profesora na Escola Normal de Mestras de Lugo, e a Pilar Bermúdez de Castro y Feijoo (1888-1987), que colaborou na colección de documentos históricos da Academia Galega. Á parte da xa citada Encarnación Fraga, a lista péchase con dúas mulleres das que non conseguín saber nada máis que o nome, Inés Corral Mariño e Mercedes Vilabella.

Hai tamén noticias de catro mulleres, licenciadas en Historia, que entre 1928 e 1936 foron usuarias da Biblioteca do Seminario: Remedios Álvarez Álvarez (Ourense, 1907); María Ignacia Ramos Díez, que rexeitou a posibilidade de exercer a docencia universitaria, foi profesora no Instituto de Lugo e xubilouse no de Santiago (casou nos anos trinta con Ricardo Carballo Calero); Joaquina Rodríguez Caminero (Ourense, 1911), bolseira na Residencia de Señoritas de Madrid en 1933; e María Tobío Fernández, que traballou no Centro de Estudios Históricos, de Madrid, e acadou posto de funcionaria no Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios, traballo que volvería recuperar logo do seu exilio en México. A ela debémoslle o único comentario que coñezo sobre unhas das mulleres que pertenceu ao Seminario: «Mais non podo pasar sen falar de Luísa Cuesta, que foi a primeira muller bibliotecaria da Universidade de Santiago e tamén profesora e que espertou en min a afección que me durou toda a vida e me axudou a razoar sobre cuestións daquela intocables, aínda que hoxe estean admitidas». Mágoa que María Tobío non escribise nas súas cativas memorias máis que dous parágrafos sobre a súa época de estudante universitaria en Compostela.

Tamén atopamos información sobre Luisa Cuesta na seguinte ligazón na reproducimos a biografía referente a Santiago de Compostela..

 Su primer destino fue la Universidad de Santiago de Compostela, donde toma posesión en julio de 1921. Al mismo tiempo, se matricula en la Facultad de Derecho por libre, siempre obteniendo  excelentes calificaciones.

Ejerce como profesora auxiliar desde 1924 hasta 1930 que se traslada a Madrid pues había solicitado destino a la Biblioteca Nacional.  Entre 1930 y 1935 publica: Los orígenes de

 La Universidad de Santiago: su pasado, su presente y su porvenirLa imprenta en Santiago de Compostela, María Lejárraga de Martínez Sierra, en la revista Vida femenino, Un formulario inédito de Cataluña, e Incunables con grabados en la Biblioteca Nacional de Madrid. Su nueva tesis en Derecho, que leerá en la Universidad Central de Madrid en 1930, trata sobre La colonización de la Patagonia en el siglo XVIII.



Para rematar  atopamos referencias o paso de Luisa Cuesta polo Seminario de Estudos Galegos na paxina sobre súa persoa na  Galipedeia

https://gl.wikipedia.org/wiki/Luisa_Cuesta_Guti%C3%A9rrez.


No mesmo ano en que chegou a Santiago matriculouse na Facultade de Dereito, sendo a primeira muller en facelo. Ata 1923, cursou 15 materias, das que sacou 11 coa cualificación de sobresaínte. A pesar deste extraordinario currículo, naquel tempo, o mundo xurídico non era para mulleres. Os seus pasos profesionais ficaron vinculados ao mundo das bibliotecas, no que realizou un importante traballo na conformación da Biblioteca América da USC. Na súa estadía en Galicia, colaborou co Seminario de Estudos Galegos, e foi autora de numerosos traballos sobre a historia da emigración en América e a imprenta en Galicia.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

TRASLADO DOS FONDOS DO SEMINARIO DA LINGUA GALEGA. 1940

  No Libro Negro da Lingua Galega e no twitter do seu autor Carlos Callón a topamos esta información sobre o fin do Seminario de Estudos Gal...