Buscar neste blog

10.4.23

TRASLADO DOS FONDOS DO SEMINARIO DA LINGUA GALEGA. 1940

 

No Libro Negro da Lingua Galega e no twitter do seu autor Carlos Callón atopamos esta información sobre o fin do Seminario de Estudos Galegos

O 9 de abril de 1940 o rector da Universidade de Santiago informa de que o Seminario de Estudos Galegos non vai a reabrir e que tiñan que ceder os fondos á Universidade de Santiago...

O día do “traslado” ordenado polo reitor:

“Los libros iban en montones, todos mezclados y cayendo por los suelos, sin cuidado alguno. Las gentes (…) quedaban pasmadas y preguntaban de qué se trataba. Los mozos y porteros respondían: ‘Es la biblioteca de los galleguistas’.”

Ver Tweets nuevos

ConversaO día do “traslado” ordenado polo reitor“Los libros iban en montones, todos mezclados y cayendo por los suelos, sin cuidado alguno. Las gentes (…) quedaban pasmadas y preguntaban de qué se trataba. Los mozos y porteros respondían: ‘Es la biblioteca de los galleguistas’.”

14.3.23

Mulleres no Seminario de Estudos Galegos. Luisa Cuesta

Neste artigo pretendemos aportar información sobre Luisa Cuesta citando ligazóns sobre súa persoa e a relación co Seminario de Estudos Galegos

- Ligazón da páxina do Consello da Cultura Galega sobre as Mulleres do Seminario de Estudos Galegos

http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=211.

Foron poucas as mulleres que participaron no SEG, a lo menos que se teña constancia, dada a invisibilidades histórica asociada ao labor intelectual das mulleres, e moi cativa a súa colaboración nas actividades da Institución. As 12 socias activas están lonxe do dez por cento de mulleres que, contra 1936, estudaban na Universidade de Santiago. Se non era fácil para elas acceder aos estudos universitarios –incluso se tiñas un pai ilustrado, caso que relata María Tobío nas súas memorias–, moito máis difícil resultaba adicarlle ademáis tempo e traballo non remunerado a unha asociación científico-cultural. As mulleres que participaron nas actividades do Seminario fixérono durante os anos de estudantes universitarias –Carmen Sierra, Dolores Lorenzo, Amparo Arango, Encarnación Fraga, Pura Lorenzana e Carmen Rey– ou logo de rematar a carreira e conseguir un traballo –Luísa Cuesta, Josefa Iglesias Vilarelle, Sara Leirós ou Celsa Pérez Moreiras. En calquera dos casos, o seu protagonismo no SEG non foi máis alá da publicación dun traballo ou dun libro. Aínda contando coa escaseza cuantitativa e cualitativa dos fondos documentais do Seminario, é significativo que só dúas, Pura Lorenzana e Carmen Rey, aparezan recollidas nas actas da institución como asistentes, en dúas ocasións, en febreiro e marzo de 1928, nas sesións semanais que realizou o SEG nos seus trece anos de vida. Tampouco houbo mulleres no Consello Director do Seminario, nin ditaron conferencias nas asembleas anuais extraordinarias e nos diferentes cursos que organizou a asociación. Hai que supoñer que cando menos sí deberon asistir a estes actos, e que colaboraron no traballo das seccións –Pura Lorenzana na de Prehistoria, Dolores Lorenzo, Encarnación Fraga e Amparo Arango na de Xeoquímica, e Celsa Pérez Moreiras en Bromatoloxía. Unha boa mostra da escasa presenza de mulleres no SEG é a primeira fotografía que coñecemos da institución, na que aparece a primeira das socias, publicada no xornal Faro de Vigo, do 1 de decembro de 1923, co gallo do homenaxe do Seminario a un dos seus fundadores, Fermín Bouza Brey, polo éxito obtido nunha conferencia pronunciada na Reunión de Artesanos da Coruña, en novembro do mesmo ano. Alí está Carmen Sierra, a carón do homenaxeado, de Carlos Maside e doutros 21 homes máis.


Carmen Sierra (Valga, Pontevedra, 03/05/1906), a primeira das socias –proposta o 10/11/1923 e admitida o 16/11/1923, cando aínda non pasara un mes da fundación do SEG–, foi tamén a primeira que apareceu nunha noticia de prensa relacionada coa institución, na reportaxe que Diego Saavedra y Aguiar publicou no xornal Galicia o 13/04/1924, «Compostela y la cultura. Cómo se trabaja en el Seminario de Estudios Gallegos», na que se recolle a súa asistencia a unha sesión do Seminario. Carmen Sierra cursou a carreira de Historia entre 1922 e 1927. No primeiro curso de carreira, que tamén era o preparatorio de Dereito, coincidiu con algúns dos fundadores do SEG: Filgueira Valverde, Ramón Martínez López e Lois Tobío. Non creo que sexa esaxerado de máis supoñer que debeu colaborar nos traballos colectivos realizados polos socios do Seminario nos primeiros anos, elaboración dun ficheiro bibliográfico e dun vocabulario galego-castelán e formación dunha Biblioteca e dun Museo etnográfico, ademáis de asistir ás sesións semanais privadas da institución que tiñan lugar na biblioteca da Facultade de Filosofía e Letras ou nas aulas de Dereito, dentro do mesmo edificio, e ás públicas, que se desenvolvían na sede da Sociedade Económica. En 1927 solicitou o traslado do seu expediente á Universidade de Madrid e en 1953 recolleu o seu título na Universidade de Santiago. Nada máis puiden saber sobre ela, agás unha mención nunha nota a pé de páxina dun artigo do historiador Carlos Fernández Rodríguez, que a cita, xunto ao seu marido, Carlos Díaz Rodríguez, exercendo como docentes en Pontevedra.

Dolores Lorenzo Salgado (León, 10/11/1905) e Amparo Arango Fernández (A Habana, 02/04/1907), as dúas licenciadas en Químicas e Farmacia, ingresaron no Seminario en 1929 e traballaron con Isidro Parga Pondal, director da Sección de Xeoquímica, e con él asinaron os seus traballos de ingreso na institución, «Sobre la presencia de la magnetita en las arenas de las playas gallegas» e «Contribución al estudio de los minerales de wolframio de Galicia: III: Análisis de las wolframitas de Juno, Monte Neme, Casayo, A Veiga y Vilacoba», respectivamente. Tamén traballou a carón de Parga Pondal M.ª de la Encarnación Fraga Padín (Cambados, 1908-2000), licenciada en Químicas e Farmacia e coautora, xunto a Parga, do traballo «Quimismo de la pepmatita litinífera de Goyás (Lalín)», realizado no Laboratorio de Xeoquímica do Instituto de Estudios Regionales da Universidade de Santiago, que foi creado co curso 1931-2 grazas ao liderado do reitor Alejandro Cadarso e posto en funcionamento polos socios do Seminario que exercían a docencia na Universidade. Encarnación Fraga Padín foi, ademáis, membro da Sociedad Española de Física y Química, socia protectora do SEG e rematou montando unha farmacia en Cambados.

Aínda que non aparece como socia do SEG, Celsa Pérez Moreiras (León, 25/12/1912), licenciada en Farmacia e axudante de Técnica Física na Facultade de Farmacia no curso 1933-4, colaborou no Instituto de Estudios Regionales, no Laboratorio de Bromatoloxía, baixo a dirección de Aniceto Charro Arias, catedrático de Farmacia e membro do Seminario. Con él publicou o traballo «Composición química de los quesos gallegos». Logo da sublevación de xullo de 1936, coincidiría con Charro Arias traballando no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago.

Sobre Luísa Cuesta Gutiérrez (proposta o 18/10/24 e admitida o 25/10/24), María Corredoyra (ingreso en 1928), Pura Lorenzana Prado (ingreso en 1930), Josefa Iglesias Vilarelle (ingreso en 1933) e Sara Leirós Fernández (ingreso en 1929), remito ás biobibliografías xa publicadas nos Álbumes do Consello da Cultura Galega. As catro primeiras están no de Mulleres e a última no da Ciencia, elaborados respectivamente por Lourdes Pérez González, Dolores Villaverde Solar, Alfonso Mato, Sandra Santos Palmou e Antón Costa Rico.

Respecto á alemá Margot Sponer (1898-1945), profesora de español na Universidade de Berlín e especialista en textos medievais peninsulares en galego e catalán, aparece proposta como socia en 1926, ano en que levou a cabo en Galicia estudos sobre filoloxía galega. En 1927 publicou un pequeno traballo sobre o tema e en 1934 un longo artigo titulado «Documentos antiguos de Galicia». Risco e Lois Tobío, en Mitteleuropa e As décadas de T.L., respectivamente, dan conta do seu trato con Margot Sponer durante as súas estadías en Alemaña. Logo da subida dos nazis ao poder, Sponer perdeu o seu posto na Universidade, militou na resistencia e finalmente morreu confinada nun campo de concentración.

Son nove as mulleres que figuran como socias protectoras do Seminario. A máis importante, pola contía das súas cotas, foi Ángela Santamarina Alduncín (1864-1956), coñecida como Angelita Varela, marquesa de Atalaya Bermeja e condesa del Valle de Oselle. Nacida na Arxentina, filla dun emigrante ourensán dono dunha gran fortuna, casou co aristócrata ourensán Isidoro Temes Sáenz, señor de Vilaseco, instalouse na cidade de Ourense e acadou sona polas súas obras de caridade. Grazas en boa parte ao seu mecenado, o SEG publicou os dous primeiros tomos dos Arquivos. Aínda nos anos 30, os seus donativos anuais de 200 ptas. só eran superados polas deputacións e o Ministerio de Instrución. Máis modesta foi a contribución das outras socias, algunhas delas relacionadas con socios sobranceiros do SEG, como Emilia Álvarez Álvarez, casada con Fermín Bouza Brey, que foi membro desde 1931 da Sociedad Española de Física y Química e rexentou unha farmacia na compostelá rúa do Vilar; Daría González García-Paz (1912-1999), irmá de Sebastián, sobresaínte estudante de Historia que rematou exercendo de profesora en Pontevedra; ou Matilde Pondal Araoz (1875-1969), nai de Isidro Parga Pondal. Hai que citar tamén a Carmen Pardo Losada (1890-1983), profesora na Escola Normal de Mestras de Lugo, e a Pilar Bermúdez de Castro y Feijoo (1888-1987), que colaborou na colección de documentos históricos da Academia Galega. Á parte da xa citada Encarnación Fraga, a lista péchase con dúas mulleres das que non conseguín saber nada máis que o nome, Inés Corral Mariño e Mercedes Vilabella.

Hai tamén noticias de catro mulleres, licenciadas en Historia, que entre 1928 e 1936 foron usuarias da Biblioteca do Seminario: Remedios Álvarez Álvarez (Ourense, 1907); María Ignacia Ramos Díez, que rexeitou a posibilidade de exercer a docencia universitaria, foi profesora no Instituto de Lugo e xubilouse no de Santiago (casou nos anos trinta con Ricardo Carballo Calero); Joaquina Rodríguez Caminero (Ourense, 1911), bolseira na Residencia de Señoritas de Madrid en 1933; e María Tobío Fernández, que traballou no Centro de Estudios Históricos, de Madrid, e acadou posto de funcionaria no Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios, traballo que volvería recuperar logo do seu exilio en México. A ela debémoslle o único comentario que coñezo sobre unhas das mulleres que pertenceu ao Seminario: «Mais non podo pasar sen falar de Luísa Cuesta, que foi a primeira muller bibliotecaria da Universidade de Santiago e tamén profesora e que espertou en min a afección que me durou toda a vida e me axudou a razoar sobre cuestións daquela intocables, aínda que hoxe estean admitidas». Mágoa que María Tobío non escribise nas súas cativas memorias máis que dous parágrafos sobre a súa época de estudante universitaria en Compostela.

Tamén atopamos información sobre Luisa Cuesta na seguinte ligazón na reproducimos a biografía referente a Santiago de Compostela..

 Su primer destino fue la Universidad de Santiago de Compostela, donde toma posesión en julio de 1921. Al mismo tiempo, se matricula en la Facultad de Derecho por libre, siempre obteniendo  excelentes calificaciones.

Ejerce como profesora auxiliar desde 1924 hasta 1930 que se traslada a Madrid pues había solicitado destino a la Biblioteca Nacional.  Entre 1930 y 1935 publica: Los orígenes de

 La Universidad de Santiago: su pasado, su presente y su porvenirLa imprenta en Santiago de Compostela, María Lejárraga de Martínez Sierra, en la revista Vida femenino, Un formulario inédito de Cataluña, e Incunables con grabados en la Biblioteca Nacional de Madrid. Su nueva tesis en Derecho, que leerá en la Universidad Central de Madrid en 1930, trata sobre La colonización de la Patagonia en el siglo XVIII.



Para rematar  atopamos referencias o paso de Luisa Cuesta polo Seminario de Estudos Galegos na paxina sobre súa persoa na  Galipedeia

https://gl.wikipedia.org/wiki/Luisa_Cuesta_Guti%C3%A9rrez.


No mesmo ano en que chegou a Santiago matriculouse na Facultade de Dereito, sendo a primeira muller en facelo. Ata 1923, cursou 15 materias, das que sacou 11 coa cualificación de sobresaínte. A pesar deste extraordinario currículo, naquel tempo, o mundo xurídico non era para mulleres. Os seus pasos profesionais ficaron vinculados ao mundo das bibliotecas, no que realizou un importante traballo na conformación da Biblioteca América da USC. Na súa estadía en Galicia, colaborou co Seminario de Estudos Galegos, e foi autora de numerosos traballos sobre a historia da emigración en América e a imprenta en Galicia.






24.2.23

Fermín Bouza Brey no Seminario de Estudos Galegos

 

Fermín Bouza Brey no Seminario de Estudos Galegos

Participou  na fundación  do Seminario de Estudios Galegos, unha institución  privada  que  pretendía  potenciar  a  investigación  universitaria e que  se  convertiu tamén  nun  dos  instrumentos  máis  eficaces  de  renovación  do  galeguismo  cultural,  cada  vez máis  separado  do  ruralismo ou  a  retórica  historicista dos  rexionalistas do  século XIX. No  seo  do  Seminario,  Fermín  Bouza-Brey  colaborou  en  distintas  seccións,  pois  sentíase  atraído  por  varias  disciplinas. Tomón  parte  en  proxectos  de  investigación  que  incluían  estudios  de  historia, arqueoloxía  e  etnografía.  Nesas  tres  áreas  desenvolvería  posteriormente  o  groso  da  súa obra  científica,  que  fixo  compatible, como tantos  compañeiros  seus, co cultivo  da  litera-tura,  especialmente  da  poesía…..

Dentro  do  Seminario  de  Estudios  Galegos,  a  figura  de Armando Cotarelo  Valedor,  catedrático   da  universidade  de  Santiago,  aglutinaba  arredor  del  ós  mozos  que   se  interesaban  pola  literatura.  Desde  moi  pronto  soubo  valorar  o  que  significaban para  as  letras  galegas,  carentes  dunha  sólida  tradición  literaria,  a  popularización  dos  Cancioneiros  medievais,  editados  por  entón  con  rigor  crítico  por  José  Joaquím  Nunes  e  estudiados  con  amplitude, incluidos  os  aspectos  métricos,  por Manuel Rodrigues  Lapa.  Estas e outras  circunstancias  deron  orixe  nos  anos  anteriores  á  guerra   civil  de   1936  a  unha  corrente  poética   denominada    neotrabadorismo.

Fermín Bouza Brey.

Fonte

Publicacións da Real Academia Galega 1992. Carlos Casares


Visión de Francisco Fernandez del Riego sobre Fermín Bouza Brey-(Seminario de Estudos Galegos)

Fermín Bouza Brey ten traballado, desde sempre, nos eidos da nosa cultura. Sendo aínda alumno da universidade compostelá fundou xunto a compañía doutros rapaces o Seminario de Estudos Galegos. A partir de entón a actividade literaria e erudita xa non deu pausa. Para Bouza Brey, as xentes e as cousas de Galicia, grandes e pequenas, a vida popular, a paisaxe arqueolóxica, a etnografía e o folclore constituen unha temática preferenta

Salvador de Lorenzana

Fragmento artigo Conversa con Fermín Bouza Brey

Galicia Emigrante, Num. 20, (1956)


23.2.23

O Seminario de Estudos Galegos segundo Francisco Fernández del Riego.

FRAGMENTO DO DISCURSO DE ENTRADA NA REAL ACADEMIA GALEGA DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. TEMA SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

 Xurde  a  nova  institución  en  Santiago  de  Compostela.  Un fato  de  mozos  universitarios acariña  a  idea  de fundar  un  organismo  no  que  se  aglutine un  labor  de pescuda  da  realidade  cultural  de  Galicia,  desenrolado  en  equipo.  Amantes  todos  eles  do  país  natal...

 Os  homes  que  patrocinan  a  idea    chámanse:   Fermín  Bouza  Brey,  Wenceslao  Requejo  Buet,  Xosé  Pena  e  Pena, Xosé  Filgueira Valverde,  Luis  Tobío  Fernández,  Ramón  Martínez  López,  Manuel Magariños  Negreira, Francisco  Romero  Lema,  e  Alberte Vidán  Freiría.  Todos  eles  cursan  os seus estudos nas Facultades  de Dereito e de Filosofía  e Letras. Determinan  que  o novo centro  naza nunha  viaxata onde  se misturen  a  investigación  e  o  goce  da  Natureza.  I  escollen  pra  tal  ouxeto,  as  térras  da  Amahía,  cheas  de  evocacións.  O día  12  de  outono  do ano  1923, xúntanse  na  casa do Castro  de Ortoño  onde  Rosalía  vivirá  os  seus días  de nena. Alí realizan  a primeira xeira de  traballo, coa  que emprincipian as  diversas  actividades  do novo orgaísmo,  e siñan  o  seu  acordó  de  colaboración  i  espallamento.  A  acta  fundacional  do  "Seminario  de  Estudos  Galegos"  dátase  así,  no  día,  mes  e  ano  indicados,  na  casa  rosaliá  do  Castro  de  Ortoño. 60 Os  fundadores  percuran  decontado  a  colaboración   do   catedrático  de  Literatura  da  Universidade compostelá,  Don Armando  Cotarelo Valledor, e ofrécenlle  a presidencia  do novo instituto. Diste  xeito  é  como  aquil  se  convirte no  primeiro  presidente  do  "Seminario".  Moi axina vanse sumando  outros mestres  universitarios,  afeitos  ao  calado  traballo na  investigación  galega,  escolares  de  diversas  Facultades,  e intelectuáis  de toda  Galicia.  De  comezo, a  obra  é, naturalmente, unha  obra  homilde,  pero  libre  e independente..  Non conta  con outro haber  que  a  quentura  do amor  ao país  e a  vontade  de traballo duns  cantos  rapaces,  gostosos  de  discipriña  científica.  Pero  a  obra vai,  pouco a pouco, medrando.  Incorpóranse  a  ela  os  escritores  e  artistas  do  grupo  Nos, empeñados  no  afán  de lie dar  contido cultural  serio  ao  rexurdimento  de  Galicia;  e tamén  os  da  nova  promoción  que  daquela  andaba  a  percurar  o anovamento  do  ambente intelectual galego.

 O  "Seminario" xurde, fundamentalmente,  coa  cobiza  de  formar  investigadores;  pero  non  refuga,  en  intre  algún,  o seu  contacto  co púbrico.  A carón  do  estudo  severo e sistemático,  cultiva  a  vulgarización.  A leitura  púbrica  de traballos,  os ciclos de conferencias,  as  esposicións,  van formando en  Galicia  unha  opinión  achegada  ao "Seminario". Cando  íste  non  leva  aínda  un  ano  de  vida,  incorpórase  ás  súas  tareas un  novo mestre:  O arcebispo  Lago  González,  erudito  polígrafo,  gran  amante  da  súa térra,  e  cheo  de  aceso  fervor  polos  seus  estudos.  Co  gallo  da  súa  solene  entrada  no  Centro,  celébrase  a  primeira  xuntanza  xeneral. Nela fai  Castelao  o  seu  discurso  de  ingreso  sobre  "Do  novo  esprito";  inaugúrase  unha  esposición  das  súas  obras  seguidamente;  con posterioridade desenrólase  un  curso  de  conferencias,  no  que  participan Cabeza  de  León,  Lugrís  Freiré,  Anxel  del Castillo  e Losada  Diéguez.  Cando o Dr. Cotarelo  se  traslada  a  Madrid,  pra  ocupar  a cátedra  de  Língoa  e Literatura  Galaico-Portuguesa  naquela  Universidade,  sustitúieo  na  presidencia  do  "Seminario" Don Salvador   Cabeza  de  León.  Coincidindo  con  ela,  artéllase  unha  nova  estroituración   do  centro,  en  secións  autónomas  e  coordinadas.  Deica entón, o "Seminario"" viña  cultivando case escrusivamente as  ciencias históricas  e filolóxicas.  Agora  chama  ao  seu  seo  a  especialistas  noutras  discipriñas  científicas.  I  é así como vai  acadando o senso integral  que  chega  a atinguir  no campo da investigación  galega.  De igoal xeito, o labor xa feito,  que hastra  daquela  ficara  inédito,  emprincipia  a  se publicar periódicamente.  Na "Biblioteca   do  Seminario  de  Estudos",  que  inaugura  a   editorial   "Lar",  aparecen  obras  de  Oteros  Pedrayo,  de Filgueira Valverde, de  Castelao  e  de Cotarelo. Un  aspeito  de importante siñificado,  é o que sinala o comezo de campañas  de  investigación  nas diversas  térras  de  Galicia.  Os  tres  primeiros cursos  de traballo teñen  máis  ben  carácter  libres co  e  de  gabinete.  Pero  os  investigadores  sinten  a  necesidade  de  proxeitar  na  campía  o seu  labor  de  pescuda,  abranguendo  nel o conxunto  das  actividades  do Centro. I  é diste  xeito como xurden as  misións  do  "Seminario".  De principio,  a  direción  do  arquitecto  Candeira,  e máis  tarde  a  de  Carro  García,  sitúan  as  ditas misións  no  primeiro plano  como  fonte  direita  do  Arquivo   gráfico   que  se  inicia  no  ano  1926. A campaña  desenrolada  en  Monforte  nese  mesmo  ano,    pretesto  pra  os  traballos  do  curso  en  Santiago,  e  abre  un   froitoso  horizonte  ás  laborías   dende   entón   emprendidas. Tamén  corresponde  a  ese  tempo  a  iniciación  de  cursiños  de  ensinos  galegos,  con  un  adicado  á  Fonética.  Comezan  a  se imprentar  os  tomos  de  "Arquivos",  en  cuias  páxinas  se  inxiren  os  estudos  que  poideran  chamarse  menores.  En  sesións   púbricas   lén  os  seus primeiros traballos  os  novos  membros  da  Sección  de  Ciencias;  i  emprincípianse  os estudos   de  tipo   económico   e  de  ciencias  sociáis.  O "Seminario" demanda  o intercambio coas entidades  de  investigación  da  península,  así  como  eos  núcleos  hispanistas  estranxeiros.  Mais  a  tarea  de  meirande  alcance  que  o  centro  emprende  e  desenrola,  é, como  fica  dito,  a  das  xeiras  de  conxunto, a  dos traballos  de  pescuda  en  equipo.  Destacan,  a  da  Vila  de  Calvos  de  Randín,  Parroquia  de  Velle,  e  Terra  de  Melide.  Pra  nos  darmos  idea  do  que  iste  labor  siñifica,  ahonda  decir  que  os  resultados  dos  estudos  da  bisbarra  melidense  ocupan  un  volume de  grande  formato  de  perto  de  oitocentas  páxinas.  Abrangue  a  xeografía,  a  prehistoria, a  arqueoloxía  relixiosa, a  etnografía,  o  folklore,  o  folklore  musical, e mesmo  outros  aspeitos.  Pubricacións  de  sinalada  importancia son, tamén,  o "Corpus  Petrogliphorum Gallaecie"  e o  "Códex  Calixtinus",  inda  que  iste  derradeiro  se  non imprentóu  totalmente,  por  mor  dos  acontecimentos  producidos  en  España  cando  estaba  no prelo.

 O  "Seminario  de  Estudos  Galegos"  propicia en  Galicia un  esforzó  intelectual  de  tipo  colectivo,  que   enxamáis   se   conocerá   antre  nós.  Os seus obxetivos —estudo  de todas  as  manifestacións da  cultura  galega,  formación  de  investigadores,  divulgación  dos  resultados  dos  seus  traballos—  andaban  a  se  conquerir  con innegabre eficacia. Eis  agora  ,o programa  da  actividade  estroiturada   desenrolado a  travesó  das  distintas  secións  :  Baixo a direción  de Cuevillas, o nutrido equipo  de prehistoriadores,  traballa  no  noso  epipaleolítico  e  neolítico,  nas  estacións  con grabados rupestres,  no inventario de xoias galegas prehistóricas,  nos  catálogos  de  moimentos  megalíticos  e  dos  castros  galegos,  na  Edade  do Ferro...  

Os historiadores,  dirixidos  por  Cabeza  de  León,  emprenden  a  ambiciosa  tarea  de  lograr ficheiros de bibliografía  e diplomática  galegas,  corpus  de  documentos  medieváis  e  de  epigrafía,  a  máis  da  realización  de  historia social, eclesiástica  e  do  ensino.  Con  Carro  García  ao  frente,  os  arqueólogos  e historiadores  do arte  traballan nun  ampio inventario sobre material da súa especialidade  en  Galicia;  e,  ao propio tempo, levan  a  cabo  estudos monográficos  encol  do prerománico,  románico,  oxival  e  renacimento,  barroco  e  artes  industriáis  no  noso  país. Os  filólogos,  presididos  sucesivamente  por  Cotarelo,  Morale-jo  e  Pedret  Casado,  inxiren  no  seu  programa  de  actividades  a  preparación  dun  Vocabulario castelán-galego,  outro  galego-castelán  de  tipo popular, un  catálogo  da  língoa,  estudos fonéticos,  e  a  unificación,  de  normas  ortográficas.  Na  seción  de  Historia  da  Literatura,  a  cárrego  de Filgueira Valverde, danse a  conocer  en-saios  e traballos  de  pescuda  sobre  literatura  medieval,  decadencia  das  letras  galegas,  romantismo e  contemporáneos.  Na  de Arte  e Letras,  que  dirixe  Castelao,  organízanse  esposicións  e  leituras  de  obras inéditas  de  autores  galegos,  edítanse  poemas e prosas,  i empréstase  colaboración  ás Festas  da  Língoa  Galega.  Con  Otero  Pedrayo  como  director,  os  xeógrafos  fan  traballos  pra  Cartas  xeográficas,  xeografía  histórica,  estudos  particulares  e  de  divulgación,  ademáis   de  iniciar  a  edición  de  "Descricións  de  Galicia".  A Etnografía  e  o Folklore son  abordados  polo equipo  que  encabeza  Vicente Risco, nunha  serie  de  estudos  encol  da  casa rural,  a  arte  popular,  os  costumes,  o folklore  arqueolóxico,  a  etnomorfoloxía;   e  na  redación  dun  custionario  da  etnografía  e  do  folklore  galegos.  A Seción  de  Ciencias  Sociáis,  Xurídicas  i  Económicas,  que  ten  ao  frente  a  Tobío  Fernández, emprincipia o  seu  labor  con  varias  investigacións  históricas  i  económicas,  e  de traballos xurídicos. E  hai  que  engadir  aínda,  os  traballos  da  Seción  de  Ciencias  Naturáis  —dirixida  por  Luis  Iglesias—  sobre  xea,  frora,  fauna,  fisioloxía  e astronomía;  os  da  de  Ciencias  Aplicadas, que  preside  Gómez  Román,  relativos a  arquitectura  galega,  artes  e aproveitamentos  industriáis  en  Galicia;  e,  por  cabo,  os  correspondentes  á  de Pedagoxía,  na  que  o equipo dirixido  por  Díaz  Rozas  ocúpase  dos  probremas  lingüísticos  na  escola,  estudo  das  realidades  galegas  no  segundo  ensino, historia  do ensino  en  Galicia,  a  redación  dun  proxeito de estatutos  do "Patronato  de Escola rural  galega".  Este índice  genérico  da  obra  emprendida  polo "Seminario de Estudos  Galegos",  refrexa  a  dimensión  da  tarea  cultural  que viña  realizando.  Unha  tarea  que  se  non  refire  só ás  pescudas  especiáis  de  cada unha  das  secións  reseñadas;  senón  que,  como xa fica  indicado, abrangue  unha  obra  de conxunto, na  que  todas  as  secións  colaboran.  Sobre  da  base xeográfica  dunha  bisbarra  con  características  ben  definidas,  os  difrentes  equipos  de  especialistas  do "Seminario" exercen  as súas  actividades  coordinadas.  Atal  fan,  durante  sucesivas xeiras  ou campañas  de  investigación, Térras  de  Monforte,  Carballiño  e  Ribeiro  de  Avia,  Deza,  Melide  e  Fisterre.

  A  obra  do  "Seminario",  malograda  no  seu  desenrolo,  enche,  de  todos  xeitos, unha  f ecunda  etapa  na  historia da  cultura  galega.  Complementaria déla, é a laboura  das  editoras  "Lar" e "Nos", que posibilitan o canle pra a pubricación  dos volumes daquil Cen-tro,  así  como a  dos  libros de  creación  dos  máis  siñificados  escritores  contemporáneos.  A editorial  "Lar" fúndana  Leandro  Carré  Alvarellos  e  Anxel  Casal  Gosenje,  no  ano  1924. Inaugúrase  coa  noveliña  curta   de  Wenceslao  Fernández   Flórez,  "A  miña  mu-Uer",  e  tira  do  prelo  arredor  de  corenta  títulos.  Tres  anos  despóis,  no  1927, crea  Anxel  Casal  a  editorial  Nós",  que  inicia  o seu labor  coa  impresión  da  "Historia  sintética  de  Galicia"  de  Ramón  Villar  Ponte,  e chega  a  pubricar  uns  setenta  volumes.  Na  tarea  do  "Seminario  de  Estudos  Galegos",  o  mesmo  que  na  obra editada  por "Lar" e "Nós", a Xeneración  diste  derradeiro  nome  sigue  a  ser  protagonista  de  primeiro plano.

 

TRASLADO DOS FONDOS DO SEMINARIO DA LINGUA GALEGA. 1940

  No Libro Negro da Lingua Galega e no twitter do seu autor Carlos Callón a topamos esta información sobre o fin do Seminario de Estudos Gal...